A mala xestión das axudas deixa 6 días para atopar un cadelo de mastín de menos de 4 meses

Redacción oviespana.com01/12/2017
A mala xestión das axudas deixa 6 días para atopar un cadelo de mastín de menos de 4 meses

Dende Beealia estamos a tentar que non se perdan as axudas dos/as gandeiros/as

Onte, 30 de novembro, empezáronse a recibir as resolucións de axuda para a implantación de medidas preventivas fronte aos ataques de lobo e xabaril. Todas elas teñen un prazo de xustificación que remata o 11 de decembro.

A resolución deixa, no mellor dos casos 10 días naturais para facer os trámites necesarios (sempre e cando se recibira a carta certificada onte e non o luns que ven). Na práctica, con dous fins de semana e dous festivos nacionais polo medio, os gandeiros/as dispoñen de 6 días para poder mercar, pagar, identificar, certificar os investimentos e xustificar a axuda (hai que ter en conta que non hai cadelos de mastín de menos de 4 meses en todas as aldeas!).

Dende Beealia, asesoría en materia de métodos de prevención, estamos a traballar para que non se perdan estas axudas, tan necesarias polas perdas que xeran tanto o lobo como o xabaril na gandería galega. Para iso contamos xa coa reserva de varias camadas de mastíns leoneses de traballo para que ninguén quede sen can (identificados e con certificado veterinario). Ademais contamos coa colaboración da ferretería Casa Quiroga que dispón de stock de pastores eléctricos fabricados en Galicia e mallas electrificadas.

Esta situación non é unha novidade para a Consellería de Medio Ambiente xa que o ano pasado aconteceu exactamente o mesmo. Por iso, ao longo deste ano se recibiron propostas na consellería e se realizaron reunións coa directora xeral de patrimonio natural nas que se incidiu neste asunto. Colectivos como O-Xan, asociacións gandeiras e sindicatos tiveron xuntanzas e presentaron propostas para mellorar a xestión das axudas, tanto na forma (os tempos) como no fondo (investimentos e criterios de priorización). O resultado estamos a velo hoxe, ningún.

Por segundo ano consecutivo convocáronse as axudas e, igual que o ano pasado, volveron a publicarse no mes de agosto. Como o ano pasado realizáronse máis de 1.200 solicitudes o que demostra a gran demanda de métodos de prevención do sector gandeiro. A tramitación dos expedientes foi levada unicamente polos servizos centrais de Santiago (as delegacións territoriais non puideron tramitar os expedientes). Como é lóxico entre comprobacións e requirimentos de documentación a resolución non se puido realizar ata os últimos días de novembro. Das axudas que tramitamos (máis de 100 expedientes) houbo moitos erros administrativos, requirindo nalgúns casos o número de conta, cando na solicitude electrónica se aportaron os díxitos da conta bancaria sen erros. Noutros, por problemas na comprobación dos datos internos da administración, se consideraron explotacións de autoconsumo a ganderías con máis de 100 vacas. Todo isto era xa un síntoma claro da mala xestión destas axudas nas que, por fortuna, os funcionarios da consellería puxeron da súa parte e atenderon sempre todas as nosas consultas e nos facilitaron o traballo.

Esta mala planificación, así como no retraso no pago das indemnizacións por danos, está a causar unha gran desafección entre os/as gandeiros/as e cronifica un problema, o da convivencia coa fauna salvaxe, no que os primeiros damnificados son os habitantes do rural, así como a propia fauna.

Por ese motivo dende Beealia, como membros de O-Xan, seguiremos a traballar na comunicación con Consellería de Medio Ambiente para tratar de transmitir a realidade do rural ás oficinas de Santiago.

RECOMENDAMOS

Ganadería Assaf

Suscríbase a nuestra Newsletter - Ver ejemplo

Contraseña

Marcar todos

Autorizo el envío de newsletters y avisos informativos personalizados de interempresas.net

Autorizo el envío de comunicaciones de terceros vía interempresas.net

He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Protección de Datos

Responsable: Interempresas Media, S.L.U. Finalidades: Suscripción a nuestra(s) newsletter(s). Gestión de cuenta de usuario. Envío de emails relacionados con la misma o relativos a intereses similares o asociados. Conservación: mientras dure la relación con Ud., o mientras sea necesario para llevar a cabo las finalidades especificadas. Cesión: Los datos pueden cederse a otras empresas del grupo por motivos de gestión interna. Derechos: Acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidad, limitación del tratatamiento y decisiones automatizadas: contacte con nuestro DPD. Si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, puede presentar reclamación ante la AEPD. Más información: Política de Protección de Datos.

Oviespaña, noticias diarias sobre el mercado nacional e internacional del ovino, investigación ganadera, alimentación y sistemas de manejo.