As principais asociacións agrarias piden a derrogación da actual liña de axudas de prevención de danos de lobo.

Redacción oviespana.com24/01/2019
As principais asociacións agrarias piden a derrogación da actual liña de axudas de prevención de danos de lobo.

A SGPF, Unións Agrarias, Sindicato Labrego e AGACA piden derrogar para poder revisar en profundidade desta orde de axudas.

O pasado 8 de xaneiro a Consellería de Medio Ambiente publicou a orde de axudas para a prevención de ataques de lobo ás ganderías galegas. A orde viña precedida de expectación dende o sector pois no 2018 non se publicaron axudas para este fin e na convocatoria de 2017 deixaron 6 días para realizar os investimentos.

Despois dun ano de espera e peticións de participación con algunha reunión na Consellería por parte das asociación implicadas recibimos con sorpresa a orde de axudas publicada o día 8. Primeiro porque non contén ningunha novidade importante, o orzamento e semellante ao do 2017, pero sobre todo porque contén erros importantes. Erros de cara á súa aplicación práctica e efectiva, coma a inclusión da necesidade de mercar un Mastín con “pedigrí” ou a inclusión do Can de Palleiro como raza de protección do gando. Parte destes erros foron corrixidos o día 16 coa publicación da Corrección de Erros que establecía unicamente a necesidade de inscrición no libro xenealóxico aos cans da raza Can de Palleiro.

A sorpresa foi maiúscula cando dende a SGPF contrastamos con tres empresas especializadas na realización de peches gandeiros (postes de madeira tratada, malla ovelleira e arames electrificados). As tres, unha vez lidos os requisitos dos peches establecidos no Anexo I punto 2 da orde, coincidiron en afirmar que estes peches non eran inviables tecnicamente e que caerían logo da súa instalación.

As tres empresas especializadas consultadas pola SGPF aseguran que estes peches van caer.

A orde obriga a instalación de postes de madeira tratada de 2 metros de alto que deberan soportar un peche de 1,70 m de alto, 1,5 metros de malla e dous arames electrificados a 10 e 20 cm por riba da mesma. Como resultado desta configuración o poste ten que enterrarse, no mellor dos casos, 30 cm na terra, dos que entre 10 e 15 corresponden á punta do poste. As recomendacións das empresas consultadas son de enterrar como mínimo 50 cm os postes para poder soportar a tensión da malla e dos arames.

Outro dos aspectos máis controvertidos destas axudas é que no momento de solicitude se deben de ter presentado no concello a perceptiva licenza e contar co resto de autorizacións no momento de solicitude (Rede natura 2000, augas, patrimonio, ...). Así mesmo a Memoria Técnica requirida, que para o gandeiro ten un custe aproximado de 300 €, para unha axuda máxima de 3.700 € supón un gasto desmedido para a realización deste tipo de peche.

A orde de axudas publicada o pasado 8 de xaneiro e rectificada o 16 de xaneiro foi redactada sen coñecemento nin consenso co sector gandeiro.

En definitiva, dende o sector gandeiro queremos recalcar a importancia destas axudas para acadar un nivel de convivencia aceptable coa fauna salvaxe e fomentar medidas preventivas que permitan unha adecuada xestión da situación actual. Lamentablemente, logo de múltiples reunións e intentos de achegar as nosas propostas e posturas sobre a orientación das axudas ao longo de 2018, atopámonos agora cunha axuda mal planificada de orixe e con cambios, respecto das últimas publicadas en 2017, que van en contra das propostas presentadas e da realidade do sector.

RECOMENDAMOS

Gaherproga: nutrición personalizada

Suscríbase a nuestra Newsletter - Ver ejemplo

Contraseña

Marcar todos

Autorizo el envío de newsletters y avisos informativos personalizados de interempresas.net

Autorizo el envío de comunicaciones de terceros vía interempresas.net

He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Protección de Datos

Responsable: Interempresas Media, S.L.U. Finalidades: Suscripción a nuestra(s) newsletter(s). Gestión de cuenta de usuario. Envío de emails relacionados con la misma o relativos a intereses similares o asociados. Conservación: mientras dure la relación con Ud., o mientras sea necesario para llevar a cabo las finalidades especificadas. Cesión: Los datos pueden cederse a otras empresas del grupo por motivos de gestión interna. Derechos: Acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidad, limitación del tratatamiento y decisiones automatizadas: contacte con nuestro DPD. Si considera que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente, puede presentar reclamación ante la AEPD. Más información: Política de Protección de Datos.

Oviespaña, noticias diarias sobre el mercado nacional e internacional del ovino, investigación ganadera, alimentación y sistemas de manejo.